Debullamos e comentamos os resultados

A mostra (medio millón de tuits) contiña máis de 60.000 insultos, e os insultos directos eran superiores aos insultos indirectos. Debullamos e comentamos o groso dos resultados que publicamos no poster que está na web da Cátedra de Feminismos 4.0 Depo-Uvigo (https://catedrafeminismos.gal/mulleres-pontevedresas-na-rede-analise-do-discurso-micromachismos-e-discurso-de-odio-en-twitter/)

Vai un pod-coloquio longo, pero cheo de datos e resultados do proxecto.

Sumámonos ás celebracións do #25N

Con motivo do 25 de Novembro quixemos sumarnos ás voces que reivindican unha sociedade libre de violencias machistas.

Esta data que conmemora o asesinato das irmás Mirabal polo réxime dictatorial de Rafel Leónidas Trujillo, na República Dominicana, pasou a constituir un día para a concienciación e visibilización das diferentes formas de violencia contra as mulleres. Primeiro no ámbito latinoamericano e despois mundial, unha vez que esta reivindicación fose asumida pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas.

Escoita o podcast completo aquí

Ser muller e xornalista, un grupo con factor de risco

No noso particular percorrido pola violencia e do discurso do odio sexista na Rede, e nas redes, hoxe falarémosvos do estudo “Attacks and Harassment: The Impact on Female Journalists and Their Reporting,”, que en galego sería algo así como “Ataques e acoso: O impacto nas mulleres xornalistas e as súas reportaxes”.

Ademais, comentamos un dos resultados máis salientable da nosa investigación, o volume de insultos que reciben as mulleres da nosa mostra. Escóitao aquí

A complexidade da selección da mostra

Seleccionar a un determinado número de mulleres que teñan repercusión na rede e abrangan unha múltiple escolma de disciplinas é complexo. Diríamos que ata pode levantar “ampollas”, e non é para nada unha tarefa sinxela.

En total, 50 mulleres das cales 22 son pontevedresas.Non están todas as que son, pero son todas as que están. E por que? Pois contámoscho neste podcacst

Como xorde o proxecto

É innegable que o proxecto xurde ao abeiro da Cátedra de Feminismos 4.0 da Deputación de Pontevedra e Universidade de Vigo.

Pero… cales foron as motivacións, o que moveu ás dúas persoas investigadoras para presentarse a este proxecto?

Neste podcast contámosche como xurdiu a idea do proxecto

Subscríbete para estar ao tanto dos novos podcasts!