A mostra de estudo divídese en dúas partes, para afondar en dúas análises diferenciadas
Comparativa de perfís homónimos en Twitter
Selección de +/- 20 mulleres referentes, da política ou xornalismo, con conta activa en Twitter (40% delas vencelladas á provincia de Pontevedra), e +/- 20 varóns que, polo posto, entidade de pertenza ou notoriedade, poidan considerarse equiparables.
A definición da mostra tratou de ser o máis heteroxénea posible en canto a medios de comunicación (prensa, radio e televisión) e ámbitos políticos (local, autonómico e estatal), con especial fincapé na participación de políticas e xornalistas da provincia de Pontevedra, do que resultou a seguinte mostra de estudo
EN TWITTER SON… | EN TWITTER SON… | EN TWITTER SON… | EN TWITTER SON… | |
POLÍTICAS | POLÍTICOS | XORNALISTAS | XORNALISTAS | |
carmelasilva | VGFormoso_PSOE | cristinagarlop | kikonovoa | |
anaponton | G_Caballero_M | _anapastor_ | _InakiLopez_ | |
LaraMendezLopez | Lorespontevedra | pardodevera | iescolar | |
Lorespontevedra | agarzon | MonicaCarrillo | VicenteVallesTV | |
Adrilastra | TeoGarciaEgea | esther_estevez_ | alfhermida | |
aKollontai | PabloAranguena | laurabarrachina | inigoalfonso | |
ALevySoler | Tonicanto1 | AngelsBarcelo | carlos__alsina | |
anioramas | RevillaMiguelA | julia_otero | FernandodeHaro | |
lnesArrimades | ierrejon | pepabueno | pacomarhuenda | |
martaftapias | gonzalotrenor | susannagriso | JesusCintora |
Entrevistas en profundidade a mulleres xornalistas e políticas
Entrevista semiestructurada a mulleres xornalistas e políticas para afondar nas súas vivencias e percepcións respecto ás violencias machistas online.
A mostra inicial tamén tratou de manter a heteroxeneidade no tocante a medios de comunicación e ámbitos de influencia e traballo, con especial fincapé na participación de políticas e xornalistas da provincia de Pontevedra. Publicaremos a mostra de mulleres entrevistadas ao peche do proxecto, tratando de manter a heteroxeneidade prevista.