O proxecto

"Mulleres pontevedresas na rede. Análise do discurso, micromachismos e discurso de odio en Twitter"

Transferencia

Participacións públicas onde falamos do proxecto

O equipo investigador

Quen vimos sendo

Podcast

Onde relatamos os avances do proxecto

A base de datos

Por se queres realizar a túa propia investigación

Contacto

Para o que nos queiras contar

Escóitanos

O noso Podcast

Debullamos e comentamos os resultados

Debullamos e comentamos os resultados

A mostra (medio millón de tuits) contiña máis de 60.000 insultos, e os insultos directos eran superiores aos insultos indirectos. Debullamos e comentamos o groso dos resultados que publicamos no poster que está na web da Cátedra de Feminismos 4.0 Depo-Uvigo (https://catedrafeminismos.gal/mulleres-pontevedresas-na-rede-analise-do-discurso-micromachismos-e-discurso-de-odio-en-twitter/) Vai un pod-coloquio longo, pero cheo de datos e resultados do proxecto.

Sumámonos ás celebracións do #25N

Sumámonos ás celebracións do #25N

Con motivo do 25 de Novembro quixemos sumarnos ás voces que reivindican unha sociedade libre de violencias machistas. Esta data que conmemora o asesinato das irmás Mirabal polo réxime dictatorial de Rafel Leónidas Trujillo, na República Dominicana, pasou a constituir un día para a concienciación e visibilización das diferentes formas de violencia contra as mulleres. … Ler máis

Ser muller e xornalista, un grupo con factor de risco

Ser muller e xornalista, un grupo con factor de risco

No noso particular percorrido pola violencia e do discurso do odio sexista na Rede, e nas redes, hoxe falarémosvos do estudo “Attacks and Harassment: The Impact on Female Journalists and Their Reporting,”, que en galego sería algo así como “Ataques e acoso: O impacto nas mulleres xornalistas e as súas reportaxes”. Ademais, comentamos un dos … Ler máis