Análise da pornografía dixital e a prostitución

Micromachismos

Análise da pornografía dixital e a prostitución

Estudo dos sitios web de contactos na provincia de Pontevedra desde unha perspectiva de xénero

Benvidas e benvidos ao noso proxecto de investigación!

Exploramos a profundidade e alcance das violencias machistas no ámbito dixital, enfocándonos na prostitución en liña.


Obxectivos do Proxecto

Xeral:

Investigar a representación e as dinámicas de xénero nos sitios web de contactos de prostitución na provincia de Pontevedra, avaliando as súas implicacións sociais e éticas desde unha perspectiva feminista

Específicos:

  • Identificar e clasificar os principais sitios web de contactos na provincia de Pontevedra accesibles mediante motores de busca, para ter un mapeo claro das plataformas máis utilizadas no ámbito dixital da prostitución local
  • Analizar a linguaxe, as imaxes e os discursos utilizados nestes sitios web para comprender como se constrúen e reforzan as identidades de xénero na comercialización de servizos sexuais, con especial atención ás dinámicas de poder e a obxectivación das traballadoras sexuais
  • Avaliar o impacto destes sitios na percepción social da prostitución, explorando como inflúen na forma en que a sociedade entende e acepta a prostitución dixital no contexto local, e as posibles implicacións éticas que xorden deste fenómeno
  • Desenvolver unha web, un póster e, na medida do posible, varias pezas sonoras divulgativas formato podcast – para a difusión dos resultados doproxecto.