O proxecto

Partindo do feito de que Instagram se ten revelado como un entorno tóxico para a mocidade, que se agudiza no caso das mulleres, o presente estudo ten por obxecto coñecer as prácticas da mocidade nesta plataforma, así como a incidencia e percepción desta toxicidade e doutras manifestacións de violencia machista. 

Obxectivos

Obxectivos principais: 

  • Definir o uso e motivacións das persoas usuarias en Instagram en función do xénero.
  • Afondar na percepción que usuarios e usuarias teñen dos contidos-perfís desta rede social e as relacións que se establecen. 
  • Coñecer a incidencia, valoración e percepcións de diferentes tipo de violencias dixitais nesta plataforma (discurso de odio, acoso, porno vinganza, cyberflashing, etc.). 
  • Detectar padróns de conduta / violencias máis habituais en función do xénero.  
  • Indagar sobre o coñecemento e  facilidade de acceso que ten a mocidade a de determinados contidos nocivos para a saúde física e mental 
  • Determinar compoñentes implícitos na “likeability” (capacidade de gustar) dos contidos en Instagram e a súa relación coa mirada masculina (Mulvey, 1978, Placer visual y cine narrativo).

Obxectivos secundarios

  • Desenvolvemento dunha ferramenta metodolóxica (enquisa) para determinar a incidencia das violencias machistas online, extrapolable e escalable.
  • Desenvolver unha webpodcast divulgativo para a difusión dos resultados do proxecto.
  • Elaborar, como resultado transversal da análise, propostas de boas prácticas, consellos e materiais vinculados coa prevención e actuación ante situacións de violencia na rede.