Partindo do feito de que Instagram se ten revelado como un entorno tóxico para a mocidade, que se agudiza no caso das mulleres, o presente estudo ten por obxecto coñecer as prácticas da mocidade nesta plataforma, así como a incidencia e percepción desta toxicidade e doutras manifestacións de violencia machista.
Obxectivos
Obxectivos principais:
- Definir o uso e motivacións das persoas usuarias en Instagram en función do xénero.
- Afondar na percepción que usuarios e usuarias teñen dos contidos-perfís desta rede social e as relacións que se establecen.
- Coñecer a incidencia, valoración e percepcións de diferentes tipo de violencias dixitais nesta plataforma (discurso de odio, acoso, porno vinganza, cyberflashing, etc.).
- Detectar padróns de conduta / violencias máis habituais en función do xénero.
- Indagar sobre o coñecemento e facilidade de acceso que ten a mocidade a de determinados contidos nocivos para a saúde física e mental
- Determinar compoñentes implícitos na “likeability” (capacidade de gustar) dos contidos en Instagram e a súa relación coa mirada masculina (Mulvey, 1978, Placer visual y cine narrativo).
Obxectivos secundarios
- Desenvolvemento dunha ferramenta metodolóxica (enquisa) para determinar a incidencia das violencias machistas online, extrapolable e escalable.
- Desenvolver unha web, podcast divulgativo para a difusión dos resultados do proxecto.
- Elaborar, como resultado transversal da análise, propostas de boas prácticas, consellos e materiais vinculados coa prevención e actuación ante situacións de violencia na rede.